Suscríbase a la newsletter de Galería Circular y esté al tanto de todas nuestras exposiciones, novedades y promociones exclusivas para nuestros suscriptores.

Suscríbase a la newsletter de Galería Circular y esté al tanto de todas nuestras exposiciones, novedades y promociones exclusivas para nuestros suscriptores.
 
Valerio Adami

Valerio Adami (Bolonia, 17 de marzo 1935) é un pintor, deseñador e gravador italiano cuxo estilo se basea no cubismo.

Recoñecido como un dos artistas europeos vivos máis importantes, Valerio Adami singularízase polo seu persoal estilo, síntese de Cubismo, Pop art e Futurismo.

Recibe unha sólida formación no estudo de Achille Funi, na Accademia ...

Valerio Adami (Bolonia, 17 de marzo 1935) é un pintor, deseñador e gravador italiano cuxo estilo se basea no cubismo.

Recoñecido como un dos artistas europeos vivos máis importantes, Valerio Adami singularízase polo seu persoal estilo, síntese de Cubismo, Pop art e Futurismo.

Recibe unha sólida formación no estudo de Achille Funi, na Accademia di Belle Arti di Brera, de Milán (1951-54). Instálase en París en 1957, e a partir de entón desenvolve a súa actividade a cabalo entre Francia e Italia.

O seu estilo inicial é expresionista, e combina imaxes violentas e chistosas, baixo influencia de Roberto Matta e as tiras de cómic.

Protagoniza a súa primeira exposición importante en 1962 (Londres, Institute of Contemporary Art), e pronto participa na Documenta III de Kassel.

A mediados dos 60, Adami fixa o seu estilo máis coñecido, de influencia pop: imaxes estilizadas, perfiladas en negro sobre áreas de intensas cores planas. O seu proceso creativo arranca de fotografías e demais imaxes do seu ámbito, que esmiúza, combina e presenta en formas esquemáticas.

O seu éxito é rápido, e en 1968 representa a Italia na Bienal de Venecia.

Nesa época, decora con catro grandes murais a sede do Firstar Bank en Madison (Wisconsin, EE.UU.)

As imaxes creadas por Adami ofrecen frecuentemente fragmentos da sociedade moderna, obxectos sacados de contexto e perspectiva e que así parecen novos. Nos seus primeiros anos de estilo pop, crea visións de espazos desertos, pero posteriormente representa personaxes da cultura moderna como Sigmund Freud e James Joyce.

A súa etapa máis recente, a partir dos 80, céntrase na creación de espazos fantásticos onde revitaliza os mitos da cultura occidental dende Ovidio, plasmando alusións á beleza, a creatividade, o desexo e o sexo.

Dedícaselle un número de Eighty, revista francesa sobre a arte dos anos 80; é tamén estudado por The New Yorker, e merece estudos críticos de Italo Calvino e Jacques Derrida.

En 1985 dedícaselle unha antolóxica no Centro Georges Pompidou de París e no Communo de Milán. Hai que destacar outras exposicións en Boston, Bruxelas, Hamburgo, México, Xerusalén, París (Musee d'Art Moderne de la Ville) e Milán (Palazzo Reale).

En 1993 créase a Academia-Fundación Adami en Liechtenstein.

En 2005, dedícaselle unha exposición de debuxos en Madrid. Non obstante, a súa presenza en coleccións españolas é moi limitada. Menciónanse obras súas no IVAM de Valencia, que lle dedicara unha mostra individual a finais dos 90.

Máis

Valerio Adami There are 2 products.

Showing 1 - 2 of 2 items
Showing 1 - 2 of 2 items