Suscríbase a la newsletter de Galería Circular y esté al tanto de todas nuestras exposiciones, novedades y promociones exclusivas para nuestros suscriptores.

Suscríbase a la newsletter de Galería Circular y esté al tanto de todas nuestras exposiciones, novedades y promociones exclusivas para nuestros suscriptores.
 
Baldo Ramos

Nacido en Celanova en 1971, Baldo Ramos cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura española e Hispanoamericana.

Na actualidade dedícase á docencia na área de lingu...

Nacido en Celanova en 1971, Baldo Ramos cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura española e Hispanoamericana.

Na actualidade dedícase á docencia na área de lingua castelá e literatura no IES do Sar (Santiago de Compostela).

Como poeta ten publicado os seguintes libros: Raizames (Follas Novas, Santiago de Compostela, 2001), A árbore da cegueira (Espiral Maior, A Coruña, 2002), Los ojos de las palabras (Fundación María del Villar Berruezo, Navarra, 2002), El sueño del murciélago (Pre-Textos, Valencia, 2003), Diario de una despedida (Amarú, Salamanca, 2005, accésit Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara), Escura e transparente (3C3, Santiago de Compostela, 2005), O ourego e o compás (Casa da Gramática, Noia, 2006, 1ª ed. / Fundación Curros Enríquez, Celanova, 2007, 2ª ed.), Branco sobre negro (Galería Sargadelos, Ferrol, 2007), Monólogo do calígrafo (Colección Bourel, Ribeira, 2008), Palimpsesto (Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 2009), Palabras para un baleiro (Espiral Maior, A Coruña, 2009), A ferida de comprender (Follas Novas, Santiago de Compostela, 2011) e Cartografía do exilio (Deputación da Coruña, accésit Premio de Poesía Miguel González Garcés, 2015).

Empezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica, expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Compostela.

Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Animal sospechoso, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka.

Ten recibido os premios literarios Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, María del Villar Berruezo, Ciudad de Tobarra, Arcipreste de Hita ou Fiz Vergara Vilariño, entre outros; e no ámbito da plástica, o accésit do XV Certame Galego De Artes Plásticas Xuventude, nas modalidades de pintura e debuxo.

En coautoría con diferentes artistas, publicou Os ollos das palabras (Cidade da Cultura de Galicia-Xunta de Galicia, 2012), con Caxigueiro, Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (libro de artista, 2013), con Carlos González Villar e Cara inversa (Follas Novas, Santiago de Compostela, 2014), con Xosé Mª Álvarez Cáccamo.

A súa obra poética ten sido recollida en diferentes antoloxías como Enfocarte (na rede, ed. Teresa Seara, 2002), Poetas en blanco y negro (ed. Amalia Iglesias, Madrid, 2006),Veinte puntos de fuga (ed. Teresa Seara, Caracas, 2011), Antoloxía de referencia  (ed. Carlos Arias- Mariña Pérez Rei, Santiago, 2012) ou Novas de poesía. 17 poetas (ed. Ana Gorría, Lugo, 2013).

Ten exposto individualmente en galerías de Galicia, Portugal e Madrid e de xeito colectivo no I Premio Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (2001), XVIII Certame de Pintura Concello de Cambre (2001). Bienal Itinerante Eixo Atlántico, Vigo/Porto (2002-2003), VI Bienal de Lalín “Laxeiro” (2003), DeArte Contemporáneo /V Feria de Galerías Españolas, Madrid (2005, 2006, 2007, 2008, 2009), Universidade de Talca, Santiago de Chile (2005), Galería Unión Latina, Montevideo (2006), Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores, Casa de la Moneda /Calcografía Nacional (2006), Puro Arte/Espacio Atlántico (2006, 2010, 2011), Art Madrid (2007), Arteando/Irún (2012), en diálogo con Caxigueiro, na Cidade da Cultura de Galicia (2012) e en diálogo con Carlos González Villar, Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (Centro Cultural Marcos Valcárcel / Deputación de Ourense, 2013).

É autor de máis de trescentos libros de artista de exemplar único, entre os que se poden destacar: As follas da memoria (2001), Ut pictura poesis (2002), Signos de cinza (2003), Palabras sin nadie (2004), Muere el pájaro en el aire (2004), Homenaxe a Lorca (2005) Deshabitada espera (2005), Homenaxe a Valente (2008), Na fronteira do dicir, (2008), Luz primeira (2008), Aldara (2009), Túneles no espello (2010) ou As nogueiras do insomnio (2011).

Máis

Baldo Ramos There are 4 products.

Showing 1 - 4 of 4 items
Showing 1 - 4 of 4 items