GAUL WINFRIEF-GEORG KARL PFAHLER-FRIEDRICH GRASEL-KUHNERT HORTS - MARCA ADRIAN 

JO ADOLF NYFELDER

Abstracción xeométrica é un dos movementos artísticos máis importantes da historia da arte. Supuxo un cambio fundamental na maneira de ver e na forma de traballar dos artistas. Desenvólvese  no uso de formas xeométricas simples combinadas con bases combinatorias de cor. Estes artistas, baseándose nas leis da xeometría e nas matemáticas, buscaban simplificar as formas ata a súa presentación máis elemental e xenérica. Para chegar a esta experimentación había que partir do mínimo e reducir a realidade da pintura ao mínimo dos seus compoñentes.
    Entre os artistas mais representativos da Arte Xeométrica atópanse Wassily Kandinsky, Kazimir Malévich, Aleksandr Ródchenko, František Kupka, Theo van Doesburg, Sophie Taeuber-Arp, Piet Mondrian, Max Bill, Frank Stella, Nadir Afonso, Josef Albers, Nassos Daphnis, Theo van Doesburg, Günter Fruhtrunk, Ellsworth Kelly, Hilma af Klint, Frantisek Kupka, Agnes Martin, Piet Mondrian, Barnett Newman, Kenneth Noland, Alejandro Otero, Ad Reinhardt, Bridget Riley, Alexander Rodchenko, Diet Sayler, Frank Stella, Sophie Taeuber-Arp, Victor Vasarely,

Descarga
Abstraccion Xeometrica Galego.pdf
Documento Adobe Acrobat 1.4 MB

Valerio Adami. artista do mes

 

Valerio Adami (Bolonia, 17 de marzo 1935) é un pintor, deseñador e gravador italiano cuxo estilo se basea no cubismo.

 Recoñecido como un dos artistas europeos vivos máis importantes, Valerio Adami singularízase polo seu persoal estilo, síntese de Cubismo, Pop art e Futurismo.

 Recibe unha sólida formación no estudo de Achille Funi, na Accademia di Belle Arti di Brera, de Milán (1951-54). Instálase en París en 1957, e a partir de entón desenvolve a súa actividade a cabalo entre Francia e Italia.

 O seu estilo inicial é expresionista, e combina imaxes violentas e chistosas, baixo influencia de Roberto Matta e as tiras de cómic.

 Protagoniza a súa primeira exposición importante en 1962 (Londres, Institute of Contemporary Art), e pronto participa na Documenta III de Kassel.

 A mediados dos 60, Adami fixa o seu estilo máis coñecido, de influencia pop: imaxes estilizadas, perfiladas en negro sobre áreas de intensas cores planas. O seu proceso creativo arranca de fotografías e demais imaxes do seu ámbito, que esmiúza, combina e presenta en formas esquemáticas.

 O seu éxito é rápido, e en 1968 representa a Italia na Bienal de Venecia.

 Nesa época, decora con catro grandes murais a sede do Firstar Bank en Madison (Wisconsin, EE.UU.)

 As imaxes creadas por Adami ofrecen frecuentemente fragmentos da sociedade moderna, obxectos sacados de contexto e perspectiva e que así parecen novos. Nos seus primeiros anos de estilo pop, crea visións de espazos desertos, pero posteriormente representa personaxes da cultura moderna como Sigmund Freud e James Joyce.

 A súa etapa máis recente, a partir dos 80, céntrase na creación de espazos fantásticos onde revitaliza os mitos da cultura occidental dende Ovidio, plasmando alusións á beleza, a creatividade, o desexo e o sexo.

 Dedícaselle un número de Eighty, revista francesa sobre a arte dos anos 80; é tamén estudado por The New Yorker, e merece estudos críticos de Italo Calvino e Jacques Derrida.

 En 1985 dedícaselle unha antolóxica no Centro Georges Pompidou de París e no Communo de Milán. Hai que destacar outras exposicións en Boston, Bruxelas, Hamburgo, México, Xerusalén, París (Musee d'Art Moderne de la Ville) e Milán (Palazzo Reale).

 En 1993 créase a Academia-Fundación Adami en Liechtenstein.

 En 2005, dedícaselle unha exposición de debuxos en Madrid. Non obstante, a súa presenza en coleccións españolas é moi limitada. Menciónanse obras súas no IVAM de Valencia, que lle dedicara unha mostra individual a finais dos 90.

 





Se desexa estar ao día de todas as novidades de Galería Circular:

SUSCRIBASE


Se está interesado/a en ser socio/a da Galería:

SUSCRIBASE



FAGASE SOCIO DA GALERIA

A SUA COLECCIÓN DENDE 15 EUROS AO MES

SOLICITE MAIS INFORMACION