VANTAXES


Descontos:

  •  Os socios gozarán dun desconto especial do 10% para as compras de obra nas exposicións que  realice galería Circular.
  • Desconto básico do 10% na adquisición de obras do fondo da nosa galería

 

Compra con pago aprazado e sen intereses.

 

  • Posibilidade de compra con pago aplazado e sen recargo de intereses.

 

Desde o seu ingreso no club, o socio pode realizar a compra que desexe.

 

Se satisfai polo menos o 60% do prezo da obra, co saldo dispoñible na súa conta de socio ou pagando en efectivo.

 

O importe restante deberá ser satisfeito no prazo máximo de seis meses coas súas cotas mensuais. Mentres quede pendente algún pago de compras anteriores, as novas compras deberán abonarse en man.

Para os socios de países non comunitarios, serán estudadas caso por caso.

 

COMPROMISOS DOS SOCIOS


  • Os socios comprométense cunha cota que eles fixen, a partir de 15 euros. En concepto de provisión de fondos para a adquisición de obra gráfica, libros de artista ou carteis do fondo de Galería Circular. Esta cota estará domiciliada e deberase nos cinco primeiros días de cada mes.
  • O compromiso do socio establécese por un ano renovable, aínda que poderá darse de baixa a partir do ano no momento que o solicite con dous meses de antelación. Todos os dereitos do socio manteranse por un ano a partir da baixa do mesmo, sempre que acumule unha antigüidade dun ano. O saldo acumulado utilizarase para a adquisición de obra, coas vantaxes do socio e con límite dun ano. En ningún caso realizarase o abono en metálico desta cantidade.


Información legal:

En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os seus datos persoais quedarán incorporados en ficheiros responsabilidade de Galería Circular rexistrados na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de achegarlle información sobre novos produtos, promocións e demais novidades do seu interese; ao mesmo tempo, poderá beneficiarse de descontos nos produtos que adquira.

Os datos que se lle solicitan resultan necesarios, de maneira que de non facilitalos non será posible a prestación do servizo requirido; neste sentido, Vostede consente expresamente a recollida e o seu tratamento para a citada finalidade.

En todo caso, pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á sede, sita en Ben Común , Praza Torre Lombarda 1, Allariz (Ourense).

Rogámolo que no suposto de producirse algunha modificación nos seus datos persoais, nolo comuníque co fin de manter actualizados os mesmos.



Se desexa estar ao día de todas as novidades de Galería Circular:

SUSCRIBASE

Se desexa coñecer os próximos obradoiros:

SUSCRIBASE