erwin bechtold


Barcelona

Técnica: Litografía

Mancha Medida: 47,50 x 42 cms - 18,70 x 16,53 inches

Papel Medida: 76 x 56 cms. - 29,92 x 22,04 inches

Edición: 37/99

Asinado e numerado

75_x56.jpg

incl. impostos, máis gastos de envío aplicables no seu caso

 

200,00 €

  • disponible
  • Tiempo de envío 1 - 3 días

-Erwin Bechtold - Margenes 1

Técnica: Augaforte

Mancha Medida: 68 x 49,50 cms. - 26,77 x 19,48 inches

Papel Medida: 76 x 56 cms. - 29,92 x 22,04 inches

Ediciön: H.C. 8/15

Asinado e numerado.

75_x56.jpg

Asinado e numerado

incl. impostos, máis gastos de envío aplicables no seu caso

 

 

250,00 €

  • disponible
  • Tiempo de envío 1 - 3 días

Margenes 2

N.º de producto: Erwin 005

Técnica: Augaforte
Medida mancha:69,5 x 49,5 cms.- 27,36 x 19,48 inches
Medida papel: 77 x 56 cms. - 30 x 21,80 inches
Edición: 43/75

75_x56.jpg

Asinado e numerado

250,00 €

  • disponible
  • de 3 a 10 días

Margenes 5 Erwin Bechtold

N.º de producto: Erwin 004

Técnica: Aguafuerte
Medida mancha:67,50 x4 9,5 cms. - 26,57 x 19,48 inches
Medida papel:76 x 56 cms. - 29,92 x 22,47 inches
Edición: 42/75

Asinado e  numerado a man

75_x56.jpg

250,00 €

  • disponible
  • de 3 a 10 días

Erwin Bechtold - Márgenes 6

N.º de producto: Erwin 006

Técnica: Auagaforte
Medida mancha: 68,5 x 49,5 - 26,97 x 19,48 inches
Medida papel: 77 x 56 cms. - 30 x 21,80 inches
Edicion 64/75

75_x56.jpg

  Asinado e numerado a man

250,00 €

  • disponible
  • de 3 a 10 días

Erwin Bechtold

Erwin Bechtold, naceu en Colonia en 1925. En 1949 diplomó se como mestre impresor, co fin de continuar coa empresa familiar; pero optou polo camiño artístico. A súa cidade natal foi testemuña das primeiras presentacións individuais e colectivas da súa obra en 1950. Logo dirixiuse a París, onde traballou con Fernand Léger, e dende alí, planeou unha viaxe breve a Barcelona, que se converteu nunha estanza permanente. Os anos cincuenta foron decisivos: unha exposición individual en Barcelona, apoiada polo Club 49 (movemento cultural clandestino), e outra en Madrid; a participación na II Bienal Hispanoamericana de Barcelona, e a exposición Eine neue Richtung in der Malerei (Un novo camiño na pintura) na Kunsthalle Mannheim, onde tivo o seu primeiro encontro cos pintores alemáns da súa xeración. Neste momento, as súas pinturas eran de gran superficie, con concentracións de materiais no centro ou nos bordos. En 1954 visitou Eivissa por primeira vez; e en 1958, despois dunha longa estanza en Berlín, trasladouse á illa coa súa muller, Christina, a un antigo terreo en San Carlos; sen interromper as súas relacións con Barcelona nin cos centros artísticos europeos. Nestes anos, a illa convertérase nun importante centro de artistas e intelectuais de todas partes do mundo. Por iniciativa de Bechtold, creouse o grupo Eivissa 59. En 1961, foi convidado, por primeira vez, a unha exposición de arte española contemporánea que percorreu as capitais europeas. En 1965 realizou pinturas de formas orgánicas que provocaron un escándalo durante a súa exposición no Kunstverein de Colonia. Os mesmos cadros, presentados en Londres e Madrid, foron exhibidos sen incidentes. Nesta época, foi invitado como docente a Inglaterra; e participou nas actividades internacionais do grupo SYN, ademais da cuarta Documenta de Kassel. En 1979 creou a Monoserie, Instalación audiovisual, presentada na Fundación Joan Miró de Barcelona, máis tarde no Wilhelm-Hack-Museum de Ludwigshafen e na Lonxa de Palma de Mallorca. En 1987 empezou na súa pintura o desenvolvemento do tema ángulo / superficie / espazo. Entre os seus traballos máis destacados de integración figuran as catro fachadas de Reiss-Museum e os grandes relevos de ferro oxidado para a Daimier Benz en Mannheim, realizados entre os anos 1986 e 1990. A partir de entón, a súa obra foi exposta en museos de: Atenas, Barcelona, Berlín, Budapest, Colonia, Dortmund, Friburgo, Hannover, Heidelberg, Eivissa, Madrid, Mannheim, Moscú, Palma de Mallorca, San Sebastián, Stuttgart, Valencia e Washington. Erwin Bechtold, conta con diferentes distincións, entre as que cabe destacar: Primeiro Premio FAD 1961, Mención do Premi Joan Miró 1973 en Barcelona, Premio IV Bienal de Eivissa 1974, Siurell d'Honor en Palma de Mallorca 1999, Premi Illes Pitiuses 2005 e Premi Ramón Llull Illes Balears 2006. Foi elixido membro do Deutscher Künstlerbund Berlín en 1962 e da Freie Akademie der Künste Mannheim en 1983. En 1990, tamén en Alemaña, concedéuselle o título honorífico de catedrático polo seu destacado labor artístico.